Friday 19 de April de 2024

A Xunta resalta a oferta turística de calidade da comunidade na inauguración do Parador da Cosra da Morte


 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do parador, onde sinalou que esta edificación é un símbolo da imaxe e a promoción de Galicia

 A edificación está situada nunha parcela de 128.000 metros cadrados sobre a Praia de Lourido, en Muxía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na inauguración do parador de Costa da Morte, onde destacou a calidade da oferta turística da nosa comunidade, e sinalou que esta edificación é un símbolo da imaxe e a promoción de Galicia.

“Unha imaxe dun turismo e unhas instalacións baseadas non soamente na excelencia, senón tamén na protección do patrimonio cultural, natural e artístico con especial coidado no medio ambiente e a preservación da biosfera”, destacou a directora de Turismo.

Neste senso, Castro destacou o Plan Litoral de sostibilidade turística en destino, ten como obxetivo, a mellora e potenciación do litoral galego actuando nos recursos naturais, culturais e patrimoniais.

Así como nas infraestruturas e equipamentos, concienciando sobre a súa conservación; apostando pola rehabilitación e poñendo en valor o seu atractivo turístico, mediante o fomento da xestión sostible do territorio costeiro.

A directora de turismo de Galicia tamén incidiu na importancia do proxecto Solpor, mediante o cal se trata de promocionar a Costa da Morte mediante unha nova interpretación, articulando nel todos os recursos que vinculan ese territorio co legado histórico-cultural do sol.